Presentación en Santiago do libro Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo

25/04/2011  

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO "HISTORIA DUN ERMO ASOCIATIVO", de DANIEL LANERO TÁBOAS (Librería Couceiro, mércores 27 de abril ás 20 h.)

3C3 Editores e a Fundación 10 de marzo comprácense en convidalo/a á presentación do libro

Historia dun ermo asociativo.

Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo de Daniel Lanero Táboas.

No acto intervirán Ramón Villares Paz –catedrático de Hª Contemporánea da USC–, Lourenzo Fernández Prieto –catedrático de Hª Contemporánea da USC–, Víctor Manuel Santidrián Arias –Fundación 10 de marzo–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.

LUGAR: Librería COUCEIRO  (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO).

DÍA: Mércores, 27 de abril, ás 8 da tarde.

CONTIDO (Descrición da obra): - Daniel LANERO TÁBOAS, Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo. Colección CASTROPOMBO / Agraria.Este libro, que recolle a Tese de Doutoramento do autor, estuda a situación dos labregos e da Galicia rural durante a ditadura franquista. Así, recorrendo ó sindicalismo vertical franquista como fío condutor, abórdanse asuntos como a destrución da sociedade civil rural e a desmobilización política dos campesiños, a construción polo franquismo dun consenso baseado na normalización dos comportamentos corruptos e clientelares ou a imposición no noso agro dun modelo produtivo alleo, cuestións estas das que aínda queda pegada na actualidade. O prólogo é un texto de Lourenzo Fernández Prieto.

tresCtres Editores  Rúa Xosé Villar Granjel, 35, 1.ª planta15890 Polígono de Boisaca (Santiago de Compostela). 







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es