Exposición A Transición

21/03/2011  

Trala morte de Franco, iniciase en España o proceso de cambio político no que se mudará a ditadura pola democracia, nunha etapa denominada Transición. Sobre o significado deste cambio, o que supón de ruptura e continuidade ditadura, e ata onde a democracia actual é debedora de procesos inacabados neste momento, tratan os seguintes paneis. Narrados polas testemuñas e imaxes dos seus protagonistas.

Esta exposición propón tamén a reflexión e o debate noutros temas: a construcción que a historia recente fixo deste período, tanto cuestionada por autores como Jospe Fontana, que a ve como unha " (…) ficción edulcorada, (…) historia fraudulenta que elaboraron os seus pretendidos protagonistas e que os comparsas de operación se han apresurado a aceptar", como resaltada nos seus aspectos máis positivos por historiadores como Julián Casanova: " A luz da historia, do que ocorreu, de como e por que ocorreu e do que podería ocorrer, a transición á democracia é o triunfo da luz e da razón fronte á escuridade anterior”. A mostra está composta por 19 paneis.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es