Libro do profesor Albino Prada -

30/03/2011  

Estamos xa afeitos a que os libros e artigos do noso colaborador, o profesor Albino Prada nos ilustren sobre diversos aspectos dos avatares da economía que nos atinxen a diario.

Tamén é certo que con frecuencia nos seus artigos aborda aspectos que se saen do meramente económico e que evidencian unha visión humanista e globalizadora máis que notable.

Afondando nesta visión ven de obsequiarnos coa edición (autoedición) dun libro cun sentido enciclopédico no que para facernos unha idea contén capítulos con títulos tan suxerentes como “Del Universo y de la Ciencia”, ou “Los orígenes del hombre”, “El lenguaje y la historia”, “La Biología y la vida”.

Se ben o autor proclama modestamente na introducción que se trata dunha compilación de coñecementos xa acumulados, estamos seguros de que se trata dun traballo moi orixinal trufado sempre desa fina ironía coa que nos deleita habitualmente.

Nestes tempos nos que se fai imprescindible repensar moitas cousas e someter ao análise crítico moitas das pautas coas que convivimos, a lectura destas reflexións do profesor Albino Prada sen dúbida nos axudarán moito neste labor.

Dada a condición de autoedición deste traballo a súa comercialización tamén é directa. Para poder adquirir un exemplar (numerado e asinado polo autor) debemos dirixir un correo a larazonenevolucion@gmail.com







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es