EXPOSICIÓN XOSÉ ABAD, FERROL. CRISE ECONÓMICA, CRISE INDUSTRIAL

  

A mostra Xosé Abad, Ferrol. crise económica, crise industrial inaugurouse na cidade de Ferrol o 10 de Marzo de 1996, Día da Clase Obreira Galega.


Esta exposición deséñase co obxectivo de contribuír a achega-lo mundo dos traballadores e as súas preocupacións ó conxunto da sociedade nun momento de crise. Na Fundación 10 de Marzo pensamos que é necesario encarar con proxectos colectivos e solidarios a solucións dos problemas que afectan ós traballadores galegos. Para incidir nesta idea presentamos unha mostra fotográfica, que pon de manifeto a importancia que ten a imaxe no mundo actual como medio de transmisión da realidade. Nese senso, as imaxes reflicten o achegamento particular e a sensibilidade creadora de Xosé Abad ante o mundo dos traballadores. A el queremos agradecer a súa aberta colaboración, así como a de todas aquelas entidades que fixeron posible a exposición coa que queremos contribuír á celebración do Día da Clase Obreira Galega.

Existe un catálogo da mostra.




© 2012 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es