Inmunda escoria presentouse na Coruña o pasado 25 de maio

  

O libro Inmunda escoria, editado pola Fundación 10 de Marzo en colaboración con Edicións Xerais de Galicia presentouse na Coruña o pasado 25 de maio.No acto tomaron a palabra Francisco Álvarez-Fontenla, presidente da Asociación Cultural Namentras; Víctor Manuel Santidrián Arias, da Fundación 10 de Marzo; Manuel Bragado, de Edicións Xerais de Galicia; Anxo Guerreiro, analista político e Ricard Gurriarán, autor do libro.

 







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2021 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es