O financiamento autonómico: unha contribución desde Galicia

01/01/1970  

Xoaquín Álvarez Corbacho, Santiago Lago Peñas, Manuel Lago Peñas

INTRODUCCIÓN

A descentralización do Estado español, que arrinca coa aprobación da Constitución de 1978, introduciu novos temas na axenda política.

Sen dúbida ningunha, lévanse producido notables avances na resolución de moitos dos retos que supón a transformación dun estado profundamente centralizado —e non democrático— noutro cunha estructura de poder policéntrica e parlamentaria, como o actual estado das autonomías. E isto deuse nun curto espacio de tempo en termos históricos e comparados.

Malia isto, nalgúns aspectos o progreso foi menor. Entre eles salientaría dous: a articulación das relacións intergobernamentais e o financiamento das autonomías.

No primeiro caso, bótase de menos a existencia de institucións e organismos que proporcionen un foro de discusión entre tódolos gobernos —o central e mailos autonómicos— verbo dos asuntos comúns. Este é o obxectivo que, por exemplo, se agocha tralas propostas de reforma do Senado para o converter nunha verdadeira cámara de representación territorial.

Tan importante ou máis có antedito é o sistema de financiamento autonómico mediante o cal as comunidades autónomas tiran os ingresos necesarios para o desenvolvemento das súas políticas de gasto. En consecuencia, os defectos dos modelos trocan inevitablemente en deficiencias na acción gobernamental. Por exemplo, se non se lles proporcionan ingresos abondo ós executivos, a súa capacidade de actuación estará limitada pola inevitable restricción orzamentaria; ou se os gobernos autonómicos reciben todo o seu diñeiro en forma de transferencias, a cidadanía non será quen de valora-lo custo das súas decisións, co que darán en axentes sen responsabilidade sobre algo tan pouco agradable coma a recadación dos impostos.
Poderiamos seguir dando exemplos dos custos que pode provocar un mal sistema. E con todo, non é doado poñerse de acordo sobre un que satisfaga asemade tódolos requisitos que desde os puntos de vista técnico e político deberían ser cumpridos: autonomía financeira, corresponsabilidade fiscal, suficiencia, coordinación, transparencia, solidariedade...

Nas páxinas que seguen, Xoaquín Álvarez Corbacho e Santiago Lago Peñas, profesores universitarios e colaboradores habituais do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia), tratan de debullar un asunto do que depende en boa medida o benestar da cidadanía e onde non é fácil orientarse. Afortunadamente, a tarefa non é imposible, por mor da pedagoxía que ámbolos autores despregan, aínda que non exime o lector de certo esforzo de compresión.

A partir destas achegas e tras un período de reflexión e debate interno, Xesús Penedo elaborou un documento que sintetiza a posición do S.N. de CC.OO. de Galicia sobre o financiamento autonómico perante o proceso de revisión do sistema que está aberto nestes momentos e nos que se tenta avanzar na corrección dos problemas que padece o modelo actual.

Con este libro inauguramos unha colección de materiais coa que pretendemos trata-los grandes retos ós que se enfronta a nosa sociedade. Sen dúbida ningunha, os mellores alimentos para a acción reivindicativa son a reflexión rigorosa e o debate serio. A isto aspira modestamente a Fundación 10 de Marzo.

PEDRO LAGO
Fundación 10 de Marzo


ÍNDICE

PRESENTACIÓN, Xan María Castro Paz

INTRODUCCIÓN, Pedro Lago Peñas

O FINANCIAMENTO AUTONÓMICO: EQUIDADE HORIZONTAL VERSUS PACTO FISCAL, Xoaquín Álvarez Corbacho
1. Índice
2. O financiamento autonómico: claves de interpretación
1.1. O financiamento autonómico
1.2. Unha contribución desde Galicia

O FINANCIAMENTO AUTONÓMICO: CLAVES DE INTERPRETACIÓN, Santiago Lago Peñas
1. Índice
2. O financiamento autonómico: claves de interpretación
1.1. O financiamento autonómico
1.2. Unha contribución desde Galicia

CONTRIBUCIÓN DESDE GALICIA: CARA Ó MODELO DE FINANCIAMENTO DAS COMUNIDADES AUTONOMAS, Xesús Penedo Pallas
1. Índice
2. O financiamento autonómico: claves de interpretación
1.1. O financiamento autonómico
1.2. Unha contribución desde Galicia







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es