Leonardo Rei Castro, Astano. A empresa, a comisión obreira e a conflictividade (1941.1977), Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo-Concello de Fene, 2005, 183 pp.

01/01/1970  

Leonardo Rei reconstrúe a historia sociolaboral dunha empresa emblemática do sector naval: Astano. Achéganos o autor ás orixes e ao percorrido histórico dun estaleiro en cuxas gradas e diques chegaron a construírse petroleiros de máis de 300.000 toneladas, pero que na actualidade está a piques de desaparecer como consecuencia dunha nova “reconversión” do sector naval. Polas páxinas deste libro pasan as condicións de traballo, as reivindicacións laborais e as esperanzas colectivas dos traballadores desta empresa, xunta das grandes loitas sociais, desenvolvidas sobre todo nos anos sesenta, e a articulación sindical dos seus traballadores arredor da Comisión Obreira.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es