Hemeroteca

A Fundación 10 de Marzo dispón dunha hemeroteca que xa conta con máis de mil setecentas cabeceiras de prensa; delas, aproximadamente seiscentas son do período da clandestinidade e unhas setenta son publicacións abertas.

A hemeroteca nútrese de achegas procedentes da adquisición directa da Fundación, de doazóns particulares de colaboradores e do intercambio de fondos con outras institucións, arquivos e revistas.

Atesoura unhas setenta publicacións abertas. Trátase de revistas e periódicos editados polas distintas estruturas do Sindicato de CCOO —tanto da Confederación como do Sindicato Nacional de Galicia—, doutras organizacións sindicais, de institucións públicas, de historia e ciencias sociais, etc.

Para dar a coñecer os fondos da Hemeroteca, a Fundación 10 de Marzo dotouse dunha exposición itinerante sobre Prensa clandestina no franquismo, que vai acompañada dun catálogo.

© 2012 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es