Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e
Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro
fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende
estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global
e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo,
un enfoque crítico e multidisciplinar.