Biblioteca
Na actualidade dispoñemos dun fondo bibliográfico de moito interese para todas aquelas persoas que se dedican á investigación no eido da historia contemporánea de Galicia, coa conseguinte mellora deste material de apoio que facilita o traballo de investigación dentro da Fundación e para quen se achega a consultar o noso Arquivo.
A biblioteca auxiliar segue a incrementar o número de volumes dispoñibles e conta na actualidade con máis de catro mil exemplares. Está especializada en temas sociopolíticos e nos diferentes aspectos que rodean o mundo do traballo industrial e o sindicalismo. Os libros están clasificados en catro grandes grupos: historia, dereito e lexislación, socioeconomía e partidos políticos. Os volumes recibidos ata o 31 de decembro de 2000 están xa rexistrados e catalogados e a súa consulta é posible.