
O 10 de Marzo de 1972 dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía da dictadura franquista. Esa data, marcada como o Día da Clase Obreira Galega, é conmemorada anualmente polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia co realización dun acto de homenaxe a tódalas persoas destacadas pola súa loita na defensa dos traballadores.
A importancia desta conmemoración fixo que o Parlamento galego, a instancias do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, aprobara por unanimidade o 5 de Marzo de 1997 unha Declaración institucional sobre o 10 de Marzo na que se recoñecía o significado histórico desta data.
© 2012 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es