fundación 10 de marzo

a fundación

O 10 de Marzo de 1972 dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía da dictadura franquista. Esa data, marcada como o Día da Clase Obreira Galega, é conmemorada anualmente polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia co realización dun acto de homenaxe a tódalas persoas destacadas pola súa loita na defensa dos traballadores.

A importancia desta conmemoración fixo que o Parlamento galego, a instancias do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, aprobara por unanimidade o 5 de Marzo de 1997 unha Declaración institucional sobre o 10 de Marzo na que se recoñecía o significado histórico desta data.

novas

Ver + novas

Publicacións en rede sobre a crise económica

09-07-2010

Nova publicación en rede da Fundación 10 de Marzo sobre a política lingüística

09-07-2010

I congreso Internacional sobre ensino da Historia

25-06-2010

Catálogo da prensa clandestina no franquismo

09-06-2010

© 2008 Fundación 10 de Marzo Vía Pasteur, nº 45 - B Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082